Curso de habilidades informáticas básicas organizado por Cáritas da UPA das Pontes

O mercores 9 de decembro, Cáritas da Unidade Pastoral das Pontes deu comezo ao curso de habilidades informáticas básicas que se vai desenvolver durante 80 horas na aula CEMIT sita na Casa Dr. Dopeso das Pontes.

O alumnado participante no curso aprenderá ferramentas básicas no eido informático, fundamentais para o día a día nos tempos que corren, tales como uso de internet, xestións e trámites con administracións, uso de programas básicos, ferramentas para o acompañamento escolar virtual dos fillos e fillas, etc.

Dita formación, promovida por Cáritas UPA As Pontes e acompañada polas técnicos dos programas de familia e de territorio de Cáritas Diocesana Mondoñedo-Ferrol, busca completar o acompañamento ás persoas en situación de vulnerabilidade social; dende Cáritas, apoiamos na cobertura de necesidades básicas, pero tamén na formación, capacitación e promoción das persoas para que consigan unha mellor inclusión na sociedade actual.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s