A persoa máis libre do mundo

«O Señor está contigo» (Lc 1, 28)

Os sicólogos axudannos a dicir que non. Segundo eles dicir que non non é doado. Doado é dicir que si a todo ou a todos, por medo a dicilo que verdadeiramente pensamos, ou sexa, que non. Non sei se é por iso que oporse ou estar en desacordo -dicir que non- semella hoxe un dereito fundamental do que depende a saúde do noso sistema de liberdades. Para sermos libres temos que ter dereito a dicir que non. Se non podemos dicilo non somos libres.

Pero eu non estou de acordo nisto cos sicólogos nin cos políticos. Eu coido que o dificil non é dicir que non. O difícil e dicir que sí. Dicir que non é certamente un dereito fundamental. Pero a liberdade non é so un dereito. A liberdade é moito mais ca un dereito. E a loita polos dereitos, o longo camiño que nos leva a sermos o que aínda non somos e a ter o que aínda non temos. Dicir que non non sempre ten consecuencias. Consecuencias tenas sempre dicir que sí. Dicir que sí podenos traer moitos problemas e complicacións. Pero é a nosa verdadeira liberdade. Os dereitos veñen despois da loita e o camiño que nos levou a sermos o que somos e a termos o que temos.

A Igrexa contempla na Virxe Maria e no misterio do seu «sí » a mensaxe do anxo Gabriel, a imaxe do que ela mesma quere ser no medio da xente: mensaxeira da liberdade que Cristo ven traer o mundo. O «sí» de Maria a mensaxe do anxo trouxo moitas complicacións a súa vida. Ela non vivía illada no seu mundo. Nazaré, a súa vila, Xosé, o home ao que estaba prometida, o feito de non ter aínda relación con él…todo isto e moitas outras circunstancias persoais que poderíamos imaxinar van facer fronte o seu «si» e a súa liberdade. Ainda é hoxe o dia no que son moitos os crentes para os que a virxindade de Maria é un conto.

Fronte a incredulidade, os ditos e os feitos sen xeito da xente do seu tempo e tamén do noso, as dificultades e os atrancos no camiño que levou a Maria a ser o que non era e a ter o que non tiña, o seu «sí » é testemuño dunha liberdade que non é deste mundo. Dicir que sí trouxolle moitos problemas. De feito, non podería dicilo senón fóra a chea de gracia, a persoa mais libre que neste mundo se viu. Os sicólogos e os políticos do noso tempo terían que aprender, coma ela, a dicir que sí, a chegar a acordos, a facer fronte as consecuencias de seren verdadeiramente libres.

Texto escrito por V.M.P

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s