
«Xa os meus ollos viron o teu Salvador» (Lc 2, 22 y ss.)
Cando chegou o tempo da purificación, Maria e Xosé levaron o seu neno a Xerusalem para llo presentaren ao Señor conforme a lei de Moisés. Non foron ao templo como quen vai cumprir un mandado. Foron movidos polo Espirito Santo. A lei manda pero non axuda a cumprilo mandado.
Quen axuda, move e fai mais doado o cumprimento da lei e o Espiritu Santo. A vida e as obrigas de cadaquen fanse mais doadas cando un atopa no seu camiño o sorriso e o acollemento de outro que ten tamen a sua vida e as suas obrigas. E o que lles pasou aos pais de Xesus ao chegarem ao templo co neno no colo.
Saiulles ao encontro o vello Simeon, que viña ao templo movido tamen polo Espirito Santo.»Para o xusto non foi posta a lei», escribiu Santo Agostiño nun dos seus mais fondos tratados. E ben certo. A lei non foi posta para o xusto porque o xusto ben sabe o que ten que facer e faino con xeito. Non o fai porque a lei llo mande. Faino porque o amor lle move a facer o que a lei lle manda.
Sempre houbo e habera leis inxustas. Para o xusto, poren, non hai lei, nin xusta nin inxusta. O xusto sabe o que ten que facer. E cando. E onde. A sua lei non está escrita fora do seu corazón. Ali o Espirito do amor, o Espirito de Xesus, escribiuna con verbas inefabeis, verbas que non se poden dicir nin ouvir. A vida mesma fala con elas. E o que teña oido para oilas que as oia.A lei e o criado, o pedagogo, segundo os Pais da Igrexa, que leva o neno a escola.
A escola e o Espirito do amor, o Espirito de Xesús, que axuda, move e fai doado o cumprimento da lei. Cando o criado chega a escola termando do neno, o cativo xa non o e. Xa e un home: alguen que sabe o que ten que facer e faino. Vaise enton o criado. Fica o home. Cando o vello Simeon sae ao encontro dos pais de Xesus no adro do templo, chega xunto deles, colle o cativo nas mans e sabe, naquel mesmo intre, que pode acougar. Coa sua cantiga de louvanza ainda hoxe a Igrexa remata, a noitiña, a sua pregaria cotia: «Agora podes, Señor, despedir en paz o teu servo…».
A vida e as súas obrigas fanse doados cando chegamos a escola do amor, alí onde atopamos o sorriso e o acollemento do que terma de nós e vaise logo…
Escrito por V.M.P