Archivo por meses: enero 2021

DO ABRAIO A FE

Foron moitos os que, secundo o evanxelista, ficaron abraiados diante dos feitos e das palabras de Xesus. Del deron en dicir que «ensinaba como quen ten autoridade e non coma os letrados». Disque o abraio e o alicerce da filosofia. Pampo ou perplexo, o home anda a procura das razons do que ve cos seus ollos: «¿Que e isto? ou, se cadra, ¿como vai ser isto». A verdade entra polos ollos e chega o corazon a xeito de pregunta.
Non todo o que entra chega: isto e bo telo en conta. Para que o que entra polos ollos chegue o corazón ten que haber corazón. Se non o hai, o abraio vaise dos ollos coma escuma que o mar deixou na praia e foise.Foron moitos os abraiados diante das palabras de Xesus. A cantos se atopaban na sinagoga de Cafarnaum, letrados e ointes fieis da Palabra de Deus, cando Xesus se puxo a ensinar nela, apampounos a sua autoridade na maneira de ensinar. Ningun deles, poren, obedeceu a sua palabra. A verdade entrou polos seus ouvidos pero non chegou o seu corazón. O seu abraio foi coma escuma na praia. E iso que eran ointes fieis da Palabra…Sabian oila e mais interpretala.
Pero non obedeceron, non deron resposta as palabras de quen lles falaba con autoridade. Pampos o escoitaren as palabras non deron resposta a Palabra da que viñan as palabras.A resposta da fe a Palabra de Xesus non veu dos fieis nin dos letrados, xuntos na sinagoga de Cafarnaum a hora do culto. Entre os ointes das palabras de Xesus o abraio foi coma escuma que deixa o mar na praia e vaise. «E cadrou que había naquela sinagoga un home posuido por un mal espirito…», lemos no Evanxeo. «E cadrou…»: o que non tiña espazo na sinagoga, o que non tiña que xuntarse cos fieis, o maldito de Deus, cadrou que se atopaba ali tamen, no medio dos fieis e dos letrados. E cadrou que foi del so do que veu a resposta da fe. Puxose a berrar e no seu berro oiuse a voz de moitos dicindo: «¿Que temos que ver contigo?». Os moitos que berraban no home posuido polo mal espirito tiñan tan pouco que ver con Xesus como os fieis e os letrado co home que berraba dese xeito. Como o Espirito de Deus cos malos espiritos. Como a luz cas tebras.O mal nunca chega so. Sempre chega con outros. Faise forte porque e complexo, enguedellado. Son moitos o mesmo tempo. E unha mestura de sentimentos o que remexe dentro de nos. Por iso o home posuido por un mal espirito berra ca voz de moitos. Berra, non fala. O berro e unha mestura. O berro remexe os sentimentos dos ointes. No medio da mestura, poren, imos escoitar a resposta da fe: «Ben sei quen es ti: elo Santo de Deus». Xa non se oe un berro: agora escoitase unha resposta. Fala un, non moitos. A Palabra de Xesus xa non fica nos ouvidos abraiados, como a escuma. A Palabra de Xesus chega o corazon do maldito, do non ointe, do non merecente. E o espirito obedece daquela o mandado de Xesus: «cala e botate fora dese home». Para que o que entra polos ouvidos chegue o corazon ten que haber corazon. A fe devolvenos a nos tamen o corazon, posuido adoito polo espirito do malo ainda que esteamos entre os ointes fieis e abraiados das palabras do Señor. Unha cousa e o abraio, outra a fe.
 
Escrito por V.M.P.

NON SOMOS COUSAS

Se hai unha virtude que para nos e a primeira, a que lle damos mais importancia, non e outra ca do traballo. Ser boa persoa quere dicir ser traballador. Canto mais mellor. Por iso o que pode gabase de que ninguen lle deu nada: todo o seu e froito da suor da sua fronte. Ninguen regala nada: o traballo fai o home. Cadaquen e o que ten e ten o que obtivo do seu traballo. Somos o que temos. O que non traballou non e nada.

¿E certo que somos o que temos? A sabedoria deste mundo teno por certo. A sabedoria de Deus, poren, revelanos outra cousa: que non somos cousas senon persoas. Se temos cousas que son o froito do noso esforzo e somos o que temos, daquela somos cousas nos tamen. Somos vidas espalladas entre cousas: a nosa casa, os noso choio, a nosa saude, o noso coche, as nosas preocupacions, os nosos plans, os nosos medos, a nosa xente…Ora ben, ¿quen son eu de feito? ¿Quen e o que ten as cousas da miña vida? Pertencenme todas as miñas cousas pero ¿a quen lle pertenzo eu?

«Camiñando pola ribeira do mar de Galilea -lemos no Evanxeo-, Xesus viu a Simon e mais a Andrés, seu irman, largando o aparello no mar, e dixolles:
-Vide comigo e fareivos pescadores de homes.
E deixando de contado o aparello, seguirono». Aqueles pescadores andaban espallados no seu traballo, nos seus aparellos e cousas cotias. A sua vida era o traballo a beira do mar de Galilea. O que tiñan era froito do seu traballo. Ata que Xesus pasou xunta deles e chamounos. Enton comprenderon de contado que non eran o que tiñan. Ao seguiren a Xesus e deixaren os aparellos e as preocupacions da sua vida cotia aprenderennos a nosoutros, homes e mulleres do noso tempo, que non somos cousas. Somos persoas. Persoa quere dicir llamado. O que escoita a chamada de Xesus na sua vida atopa a sua verdadeira identidade.

Atopaa: isto e a cerna da cuestion. Cadaquen chega a ser o que e grazas o que ten. Unha vida e un camiño. Ao comezo do camiño ninguen e nada, ninguen ten nada. Ao final dunha vida, no entanto, chegamos a ser o que non fomos e a ter o que non tivemos. Non e o mesmo cando pensamos na chamada de Xesus ao seu seguimento. O vencello coa persoa e o a sorte de Xesus e o mesmo o primeiro co final. O vencello coa persoa de Xesus fainos persoas dunha vez para sempre.

Non e froito dun camiño de medranza persoal, sicoloxico ou espiritual. Non e froito do esforzo e da medra. Non somos nos os que eliximos a Xesus. Somos nos os elixidos, coma Simon ou Andres, Santiago ou Xoan, a beira do mar de Galilea. Ali mesmo somos nos tamen elixidos e atopados.

Xa non somos daquela vidas espalladas entre cousas obtidas coma froito da suor da nosa fronte. Somos persoas. Unha cousa acabase deixando por outra a beira do mar deste mundo. Unha persoa, en troques, non e unha cousa. Non se deixa por outra. A sua sorte non e ser esquecida a beira do mar. E porse en camiño con Xesus. Para cadaquen, poren, O Señor ten unha voz e unha faciana…

Escrito por V.M.P

Nun intre

Todo o que podemos saber doutro ou de nos mesmos sabemolo nun intre. Chega e abonda un intre para saber quen e cadaquen. Non e tan certo que polos seus feitos sabese quen e quen de verdade como o e que abonda un intre para sabelo. O intre fala por si mesmo. Non precisa de feitos nin de palabras para dicilo todo. Non so saben falar ben ou facer cousas boas os fillos da luz. Tamen os fillos das tebras saben falar e facer. Pero o que non saben facer os fillos das tebras e darlle unha resposta o intre, que fala por si mesmo: sen feitos nin verbas.

Pasou Xesus perante Xoan e dous discipulos seus. Non pasou falando do Reino nin facendo milagres. Pasou silandeiro, coma un home calquera. E Xoan soubo darlle resposta o intre no que Xesus pasou sen palabras nin feitos: «Velai o año de Deus». Axiña que oiron os seus discípulos a resposta do mestre «foron detras de Xesus»: tamen eles souberon dala sua resposta. Virouse Xesus, vendo que o seguian, e preguntoulles enton os discípulos: «¿Que buscades?». A pregunta foi, no fondo, outra resposta: a de Xesus o ver que lle seguian. Eles, daquela, responderon no mesmo momento: «¿onde paras?». E recibiron a resposta que xa coñecemos: «vide e veredes».

Eles foron onde paraba e quedaron con El aquel día. Do que pasou entre os discípulos e Xesus o dia enteiro non temos escrito. En troques, sabemos a hora xusta na que tivo lugar o encontro entre Xesus e os discípulos: «era contra as catro da tarde». Outra vez o intre, que fala por si mesmo: sen feitos nin verbas. Nun día enteiro podense dicir e facer moitas cousas. Ningunha delas lle chama a atencion o autor do Evanxeo. Ningunha delas ten a forza do intre. Chega e abonda para saber quen e cadaquen. Require de nos unha resposta. Na resposta vai a vida enteira. E coma un resumo dela.

Cando un daqueles discipulos foi levar o seu irman en presenza de Xesus dixolle o Salvador: «Ti es Simón, o fillo de Xoan. Ti haste chamar Kefas». Non lle deu tempo a Simon a dicir ou facer cousa algunha. Chegoulle estar ali naquel intre en presenza de Xesus. Chegoulle estar onde tiña que estar: ali, xunto de Xesus. Mais nada. Nos teimamos en facer moitas cousas das que, de feito, ninguen precisa. Teimamos en facer moitos esforzos por adiviñar o que a vida ou a fe require de nos neste mundo. Unha soa cousa, poren, e abonda: dar resposta o intre no que Xesus pasa perante nos e, se cadra, non o vemos. Ou non queremos velo. Nun intre mudou a vida de Simón. E nun intre pode mudar tamen a nosa vida.

Escrito por V.M.P

Santos da outra banda

Con duas clases de santos teñome eu atopado na vida. Da primeira moitos mais que da segunda. Por unha banda teñome atopado con aqueles dos que a xente fala marabillas. Das suas calidades, feitos e verbas, sona e milagres. Se un se mira no seu espello verase cativeiro de todo. O mundo non fala de calquera. Fala dos mellores para ben e mais para mal. Pero eu destes non falo. Imitandoos sei de non poucos que, co tempo, converteronse no que non eran e non chegaron a ser aquilo ao que estaban chamados: santos da outra banda.

Santos da outra banda son os que non son coñecidos polos seus feitos senon polos seus froitos. Como da flor sae o froito e recollense da arbore os froitos e non as flores, dos santos da outra banda lembranse os seus froitos mais ainda cos seus feitos. O mesmo Salvador do mundo comezou o seu ministerio poñendose nas mans dun destes santos, Xoan o Bautista. Xoan non pasou a historia polos seus grandes feitos senón por prepararlle o camiño ao Señor. De feito, non so a El. Tamen llelo preparou dalgunha maneira a cantos acudiron ao Xordan para recibiren o bautismo na auga coma sinal de conversion e perdoanza. Ian xunta del homes podentes de Xudea e Xerusalem e a todos lles dicia o mesmo: que abrisen aos outros os camiños que eles mesmos lles pecharan.

Velaqui os froitos de conversion que Xoan o primeiro e logo Xesus agardan de nos. Non grandes feitos dos que a xente poida falar senon pequenos xestos de acollemento ao que ven xunta de nos e agarda unha oportunidade, un camiño, unha palabra de alento. Se o Salvador do mundo se puxo na ringleira dos pecadores a outra banda do Xordan, onde Xoan bautizaba, non foi senon para que ali mesmo, no medio das augas, o Espirito Santo dixera aquilo que nel, cabeza da Igrexa, dirase tamen dos seus membros:
«Ti elo meu fillo benquerido, o meu predilecto» (Mc 1, 11)

Escrito por V.M.P