Santos da outra banda

Con duas clases de santos teñome eu atopado na vida. Da primeira moitos mais que da segunda. Por unha banda teñome atopado con aqueles dos que a xente fala marabillas. Das suas calidades, feitos e verbas, sona e milagres. Se un se mira no seu espello verase cativeiro de todo. O mundo non fala de calquera. Fala dos mellores para ben e mais para mal. Pero eu destes non falo. Imitandoos sei de non poucos que, co tempo, converteronse no que non eran e non chegaron a ser aquilo ao que estaban chamados: santos da outra banda.

Santos da outra banda son os que non son coñecidos polos seus feitos senon polos seus froitos. Como da flor sae o froito e recollense da arbore os froitos e non as flores, dos santos da outra banda lembranse os seus froitos mais ainda cos seus feitos. O mesmo Salvador do mundo comezou o seu ministerio poñendose nas mans dun destes santos, Xoan o Bautista. Xoan non pasou a historia polos seus grandes feitos senón por prepararlle o camiño ao Señor. De feito, non so a El. Tamen llelo preparou dalgunha maneira a cantos acudiron ao Xordan para recibiren o bautismo na auga coma sinal de conversion e perdoanza. Ian xunta del homes podentes de Xudea e Xerusalem e a todos lles dicia o mesmo: que abrisen aos outros os camiños que eles mesmos lles pecharan.

Velaqui os froitos de conversion que Xoan o primeiro e logo Xesus agardan de nos. Non grandes feitos dos que a xente poida falar senon pequenos xestos de acollemento ao que ven xunta de nos e agarda unha oportunidade, un camiño, unha palabra de alento. Se o Salvador do mundo se puxo na ringleira dos pecadores a outra banda do Xordan, onde Xoan bautizaba, non foi senon para que ali mesmo, no medio das augas, o Espirito Santo dixera aquilo que nel, cabeza da Igrexa, dirase tamen dos seus membros:
«Ti elo meu fillo benquerido, o meu predilecto» (Mc 1, 11)

Escrito por V.M.P

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s