Nun intre

Todo o que podemos saber doutro ou de nos mesmos sabemolo nun intre. Chega e abonda un intre para saber quen e cadaquen. Non e tan certo que polos seus feitos sabese quen e quen de verdade como o e que abonda un intre para sabelo. O intre fala por si mesmo. Non precisa de feitos nin de palabras para dicilo todo. Non so saben falar ben ou facer cousas boas os fillos da luz. Tamen os fillos das tebras saben falar e facer. Pero o que non saben facer os fillos das tebras e darlle unha resposta o intre, que fala por si mesmo: sen feitos nin verbas.

Pasou Xesus perante Xoan e dous discipulos seus. Non pasou falando do Reino nin facendo milagres. Pasou silandeiro, coma un home calquera. E Xoan soubo darlle resposta o intre no que Xesus pasou sen palabras nin feitos: “Velai o año de Deus”. Axiña que oiron os seus discípulos a resposta do mestre “foron detras de Xesus”: tamen eles souberon dala sua resposta. Virouse Xesus, vendo que o seguian, e preguntoulles enton os discípulos: “¿Que buscades?”. A pregunta foi, no fondo, outra resposta: a de Xesus o ver que lle seguian. Eles, daquela, responderon no mesmo momento: “¿onde paras?”. E recibiron a resposta que xa coñecemos: “vide e veredes”.

Eles foron onde paraba e quedaron con El aquel día. Do que pasou entre os discípulos e Xesus o dia enteiro non temos escrito. En troques, sabemos a hora xusta na que tivo lugar o encontro entre Xesus e os discípulos: “era contra as catro da tarde”. Outra vez o intre, que fala por si mesmo: sen feitos nin verbas. Nun día enteiro podense dicir e facer moitas cousas. Ningunha delas lle chama a atencion o autor do Evanxeo. Ningunha delas ten a forza do intre. Chega e abonda para saber quen e cadaquen. Require de nos unha resposta. Na resposta vai a vida enteira. E coma un resumo dela.

Cando un daqueles discipulos foi levar o seu irman en presenza de Xesus dixolle o Salvador: “Ti es Simón, o fillo de Xoan. Ti haste chamar Kefas”. Non lle deu tempo a Simon a dicir ou facer cousa algunha. Chegoulle estar ali naquel intre en presenza de Xesus. Chegoulle estar onde tiña que estar: ali, xunto de Xesus. Mais nada. Nos teimamos en facer moitas cousas das que, de feito, ninguen precisa. Teimamos en facer moitos esforzos por adiviñar o que a vida ou a fe require de nos neste mundo. Unha soa cousa, poren, e abonda: dar resposta o intre no que Xesus pasa perante nos e, se cadra, non o vemos. Ou non queremos velo. Nun intre mudou a vida de Simón. E nun intre pode mudar tamen a nosa vida.

Escrito por V.M.P

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s