Xesús fronte os psicologos

Neste mundo noso, no que son tan abondosos os mestres ou gurus, expertos e mais especialistas, custa moito achegarse a persoa de Xesús sen pensar nel como noutro dos grandes mestres espirituais da Humanidade: Sócrates, Xesús, Buda…Tamen Xesús tivo discipulos: os que seguiron a sua doutrina e souberon facer chegar a sua mensaxe de amor universal. O feito de falarmos, nos hoxe, de «discípulos» ou de «mensaxe» xa fala de seu: Xesús e logo outro mestre….Se non o fora non teria discipulos nin mensaxe. Na nosa espiritualidade a carta, podemolo elixir coma mestre noso. Ou mesturar, se cadra, a sua doutrina ca de Buda. Ou vela reflectida na dos mestres do moderno hinduismo. Cadaquen escolle as crenzas ou doutrinas que millor lle parecen. Cadaquen segue ao seu mestre.

A Xesús, poren, non somos nosoutros quen de elixilo coma mestre noso. Somos quen de elixir e seguir a doutrina de Buda, por exemplo. A mensaxe de Xesús non somos quen de seguila. Non somos nosoutros os que eliximos e seguimos as pegadas de Xesús. E o mesmo Xesús o que elixe e chama aos seus discipulos. Se non temos isto en conta non daremos distinguido a Xesús dos mestres e gurus espirituais que somos quen de seguir neste mundo noso. O feito de sermos nos os elixidos e chamados e non os que elixen a carta ou segundo as suas comenencias e a cerna do conto. A min, alomenos, pareceme moi esquecida nestes tempos nosos a diferenza entre Xesús e os mestres espirituais. Esquecida mesmo polos cristians, que seguen doutrinas e mestres que falan moito de Xesús pero pouco do que lle afasta dos grandes mestres.

Ao meu entender, non son aqueles pescadores que deixaron os seus aparellos a beira do mar de Galilea e seguiron a Xesús convertendose dese xeito nos seus primeiros discípulos os que mellor nos poden axudar a entender hoxe a diferenza entre Xesús e os mestres espirituais. O Evanxeo falanos doutros discipulos. Non sabemos os seus nomes pero tivo que habelos. Refirome aos que puido haber entre os doentes e endiañados que Xesús sanou. Aqueles pescadores puideron deixar os seus aparellos a beira do mar e seguir a Xesús cos seus pes. Foron quen de deixalo todo e seguir ao seu mestre. Os doentes, en troques, non eran quen de facer nada. Non eran quen, nin sequera, de achegarse a Xesús. Da sogra de Simon, por exemplo, dinos o Evanxeo que estaba deitada con febre. Foi o mesmo Xesús o que, «achegandose, colleuna pola man e ergueuna». O Evanxeo dinos tamen que «chegada a tardiña, levaronlle a Xesús todolos doentes e mais endemoñados…». Non foron eles…

Se hai unha cousa a que lle temos medo os homes do noso tempo e a non sermos quen de facer nada por nos mesmos, sen axuda. A non valermonos. Sermos independentes e o primeiro dos nosos valores. Non precisar de ninguen. De feito os gurus da psicoloxia mesturada coa relixion que atopamos na internet non falan doutra cousa: «se ti mesmo, fai o teu camiño en soidade, so con Deus…todo aquilo do que precisas telo dentro de ti. Eu sou o teu mestre e vouche axudar».
Supoño que por iso, cando pensamos nos primeiros discípulos de Xesus so acordamos dos que deixaron os aparellos. Non pensamos nos que non puideron deixar nin o seu leito, nos que non puideron achegarse a Xesus, nos que foron levados nas padiolas, nos dependentes de todo…

Xesus non vai sandar a todos os que lle andaban a buscar. Isto tamen e moi importante telo en conta. Non vira so sandar. Vira tamen predicar dun sitio a outro. A palabra tamen sanda. Sanda porque chega ao corazon de cadaquen. Non deixa indiferente a ninguen. Fai o seu traballo, como dixo o profeta…Non e o traballo que facemos nos ao meditala ou estudala. Os mestres e os psicologos convidannos a facer un traballo, a «traballarmonos a nos mesmos». A Palabra de Deus, en troques, non nos convida a traballar. Todo o traballo faino ela. Todo o traballo fixóo dunha vez por sempre a Palabra feita home, morto e resucitado por nós. Ao que nos convida a Palabra de Xesús e a acollela na nosa vida. A acollermonos os uns aos outros nela. So iso. Mais nada e non che e pouco.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s