O FEITIZO

Catívanos e ameíganos. Cando o temos diante, o seu feitizo ameaza a nosa liberdade. Xa non somos quen de pensar con sosego. Xa non temos acougo. Xa non somos nosoutros. Cando vemos cos nosos ollos as imaxes de violencia nas rúas que vimos estes días polos medios xa non somos quen de pensar. O mal catívanos e ameíganos. O mal entra polos ollos e quédasenos no corpo. Consumímolo e consómenos. As imaxes do mal son produto de consumo. A violencia e un bo negocio.

Por iso é urxente afrontalo feitizo do mal e termar da nosa liberdade máis fonda: non a de dicir ou facer o que nos pete senón a de pensar no que dicimos ou facemos. É urxente entendela diferenza entre comprender e xustificar. O feitizo do mal nas imaxes de violencia que entran polos nosos ollos consegue axiña o que procura: que non sexamos quen de entender esta diferenza. É a súa maneira de ameigarnos. E, ameigados, o mal faise o dono da nosa intelixencia. Xa non somos nosoutros. Xa non é a razón a que fala. Fala, ou berra, aquilo que chamamos “sentidiño” so para xustificármonos. O sentidiño, como dicía Descartes, e aquilo que todo o mundo cre ter….

Texto escrito por V.M.P

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s