DON ENRIQUE RIVERA ROUCO FALA SOBRE A CAPELA DE SAN VICENTE

Foto cedida por Mundito Carballo

No ano 1995, publica D. Enrique uns artigos en A NOVA UNIÓN dedicados aos Santuarios de As Pontes de García Rodríguez, que vou tratar de reproducir nesta e nas seguintes colaboracións.


Esta primeira está referida ao Santuario de San Vicente de Pontoibo, e apareceu no xornal da primeira quincena de marzo de 1995.

SAN VICENTE DE PONTOIBO (SANTUARIOS DE AS PONTES)

É de orixe inmemorial, anque a ermida actual ten estilo neoclásico tanto no retablo como no edificio, que foi reconstruído e ampliado no ano 1847. Nembargantes a imaxe do patrón procede da data moi anterior, é ensinando na man o instrumento do martirio (unha cadea), sitúa este exemplar dentro da corrente escultórica da Baixa Idade Media (a partir do século XIII), por iso a imaxe pode ter cincocentos anos.
Esta capela curiosamente está erixida nunha zona onde aparecen restos primitivos doutra civilización; antes de que achaiasen o adro observándose nel vestixios de enterramentos antigos, os remates de laxas de pedra que configuraban nichos rudimentarios e, nun desmonte feito en anos pasados apareceu o sarcófago que alí se conserva: unha peza perfectamente lograda representado a figura humana no seu interior.

Lenda do sarcófago
Encol a este sarcófago había unha crenza de que a auga que sempre ten (procedente da chuvia) permanece alí milagrosamente e é curativa, por iso lavaban nela os ollos ós enfermos da vista.
A situación da ermida nun entorno de enterramentos primitivos revela a súa procedencia paleocristián, cando as primeiras comunidades católicas seguían o método de cristianizar os lugares do culto pagán e as súas deidades, situándose no mesmo sitio deles. Así aparecen ao lado dun “castro” e con enterramentos deste tipo moitas igrexas, como as de Ribadeume, Bermui, Espiñaredo, etc.
As fincas inmediatas á capela de San Vicente, polo sur, teñen desde antigo o nome de “Porto da Vila”, mostra de que noutros tempos houbo por alí un poboado ou “vila”. Nesa vertente do sur da capela hai un manancial que se chama a “Fonte do Santo”, con auga fresca e sabedora que usan no seu consumo moitos veciños.

As últimas reformas
As melloras feitas no santuario nas últimas décadas foron: o cielorraso, pavimentación, caleados, adquisición de lámpadas, construción dun palco e unha cabana. Recentemente, sen medios, pero co entusiasmo dos veciños, achaiouse o chan, e cubriuse mediante uralita un tramo do adro onde se oficia a misa o día da festa e ten lugar comodamente a verbena, aparte de servir para as reunións do vecindario. Mesmo así construíuse un muro circundante que protexe e adorna o espazo exterior. En resume, a romería de San Vicente de Pontoibo segue sendo unha celebración típica e o mesmo tempo moderna e alegre, dentro dun barrio entusiasta e acolledor como é Pontoibo.

Texto aportado por Xose María Ferro, director do Museo Etnográfico Monte Caxado

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s