ACOLLELO CAMBIO

A coresma é o tempo do cambio. Conversión quere dicir isto: cambio. Hai duas maneiras, porén, de entendelo cambio: cambiar eu certas cousas na vida –na miña ou na dos outros- ou ben acollelo cambio. O primeiro e máis doado ca o segundo. Cambiar cousas, mesmo importantes na vida, e máis doado que acollelo cambio. A vida pódenos cambiar nun intre. O que non pode a vida é facer o que só nosoutros podemos: acollelo cambio. A conversion da que nos fala Xesús non é troco dunhas cousas por outras: do que está mal polo que está ben. Non nos convida a trocar cousas na vida. Isto xa sabemos facelo se queremos. Convídanos a acollelo cambio, a vida que nos cambia nun intre ás veces. Isto é a conversion que agarda de nós.

A vida é certo que pode nos cambiar nun intre. Para ben ou para mal. A vida vén como vén. As cousas pasan, ás veces, sen que poidamos facer nada por evitalas. Sen que poidamos nin sequera entendelas. Ós malos tócalles a lotaría. Alomenos parécenos que nunca lles pasa nada. Todo me pasa a mín «Por qué a mín?», pregúntase calquera, «se eu sempre me portéi ben e fun una boa persoa…». No entanto, para ós que lles vai ben ou non lles pasa nada, non é certo que foron ditas aquelas palabras: «vindo a luz ó mundo os homes escolleron a tebra en vez da luz?»

O difícil non é trocar unhas cousas por outras, as malas polas boas. Se che toca a lotaría podes facelo axiña. E se non che toca pero es unha boa persoa sempre poderás mellorar. O difícil é acollela luz que vén cara a nós cando a vida nos cambia. O difícil é crer na luz no medio da tebra deste mundo onde ós malos nunca lles pasa nada é, por riba de todo, lles vai moi ben.

Texto escrito por V.M.P.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s