
O mercores 21, clausuramos por este curso os obradoiros de promoción da muller migrante en Cáritas UPA As Pontes. As 9 mulleres que participaron en alfabetización, habilidades básicas e costura, puxeron esforzo e interese durante todos estes meses, a pesares da situación difícil que estamos a vivir.
Agradecemos tamén o acompañamento das voluntarias que co seu compromiso fixeron posible este importante recurso para as mulleres, que buscar ser un espacio para o diálogo, a aprendizaxe, a integración e o encontro entre persoas.
As alumnas recibiron diploma acredidativo da súa participación e aproveitamento, e un vale de compra a canxear no comercio local a modo de recoñecemento do seu traballo.