Na Radio Local “Radio Eume”, D. Enrique fixo algúns programas que a súa vez foron recollidos por D. Xabier Martínez por escrito e que me pasou xentilmente no seu día para o traballo que fixen sobre a Obra de D. Enrique.
Con eles, D. Enrique, aportaba datos sobre monumentos, persoeiros… e outros acontecementos da nosa Vila.
O primeiro é sobre o monumento do traballador nos Sete Camiños e foi emitido no ano 1994.
MONUMENTO AO TRABALLADOR NOS SETE CAMIÑOS

“É unha escultura metálica que foi encargada polo “Axuntamento” e que se instalou aquí no Canal Catro para presidir a glorieta de o directos Carlos Fornos, director de ENDESA de feliz memoria e que morreu repentinamente hai tres anos. A escultura vai dedicada ós obreiros que traballaron aquí e que están traballando aínda en As Pontes. Ten unha forma triangular de 4 metros e medio de ancho por dez de alto. Foi construída na Coruña e transportada por unha grúa de 25 toneladas hasta onde está situada aquí.
O material co que se fixo é aceiro, bronce, cobre e outras aliaxes e foi feita polos artesáns irmáns Ramírez Casal. Agora vai ser iluminada con focos e adornada con arbustos selectos no seu entorno, tamén se lle vai poñer unha placa de metacrilato que leva a unha inscrición co motivo da obra. O texto desta placa di: “En lembranza de tódolos traballadores que exerceron algunha actividade na industria de As Pontes. Especialmente de cantos atoparon a morte no cumprimento da súa función”.
Así que, fáiselles unha especial función os que morreron, que foron moitos, principalmente na construción da segunda, da Gran Térmica. Non sabemos cantos serían porque moitos que non eran veciños de As Pontes, foron trasladados inmediatamente ás súas parroquias de orixe. Pero podemos pensar, que como mínimo uns trinta accidentes mortais que os houbo.
As decoracións que leva este monumento poden resultar estrañas, parecen debuxos pornográficos. Mais ben sendo así dende sempre nas obras dos artistas, dos que exercitan as belas artes, para destacar a persoa humana fronte a outros elementos acostuman representar á persoa espida. Neste caso a persoa atópase en loita coas máquinas, e as máquinas poden superala. Alí están debuxados elementos mecánicos asoballando ás persoas, incluso hai dúas imaxes copiadas do cadro “Guernica” de Picasso onde plasmou a preponderancia das armas da guerra sobre o ser humano. Mesmo así as esculturas da antiga Grecia e de Roma están representadas espidas, pero no con afán erótico, senón para apreciar a perfección lograda polo artista. En por iso que as figuras do monumento ó traballador non teñen contido erótico senón simbólico de como a máquina está eliminando a man de obra humana e ademais, moitas veces, causándolle a morte en accidentes.
En lembranza de todos os obreiros que houbo e que sigue habendo. Ogallá que siga moitos anos en actividade esta factoría, pois vai este monumento en lembranza de todos”.
(Enrique Rivera Rouco, Radio Eume 1994).
Texto e fotografías aportados por D. Xose María López Ferro, director do Museo Etnográfico Monte Caxado de As Pontes coa aprobación de D. Javier Martínez Prieto, sacerdote actual da UPA de Ortigueira a quen agradecemos o seu traballo e colaboración.