Seguindo cos artigos publicados por D. Enrique, emitidos por Radio Eume, e recollidos por D. Xabier Martínez; seguimos hoxe co dedicado aos Persoeiros que deron nome ás nosas rúas. Aclaro, aínda que o fai tamén D. Xabier, que o galego non é o normativo, está recollido tal e como falaba e contén moitas palabras en castelán e outras castelanizadas (incluíndo xiros), máis está recollido como quedaron grabadas as entrevistas. Mais pensen que o importante delas é o contido, non a expresión.
OS PERSOEIROS QUE DERON NOME ÁS RÚAS DE AS PONTES
No ano 1996 don Enrique Rivera Rouco realiza para Radio Eume varios programas que adica, esencialmente, a contar a vida de varios persoeiros ponteses. Coma membro da comisión nomeada para poñerlle nome ás novas rúas da vila, quixo explicar algún dos motivos que xustificaban as decisións tomadas pola comisión.
Hoxe quixen recoller transcritos eses programas, respectando as formas de expresión do galego, coas que daquela o contou. É salientable o relato de Xoquín das Herbas, de Mamed Casanova, e das bandas de Neira e Vilariño, que operaron na zona despois da Guerra Civil.
Javier Martínez Prieto.
“Novas Rúas feitas ultimamente no pobo:
Se levaron a cabo en col ós dous seguintes criterios: primeiro, os nomes otorgados con base nos apelativos tradicionais do paraxe onde están ubicadas esas rúas ou outra calquera circunstancia do lugar do seu emprazamento. E segundo criterio, a dedicación a persoas benfeitoras ou distinguidas deste pobo.
Principiamos polas denominacións segundo o lugar onde están situadas:
– A “rúa da Cruz das Airas”, é a vía que une a ponte da presa de Alende coa Avenida da Habana, así era coñecido desde antigo ese paraxe, esa zona onde vai situada esa rúa.
– A “rúa da Cuiña”, é a que conduce hasta o lugar da Cuiña dende a Avenida de Lugo.
– A ”rúa de Pontoibo”, é a prolongación da Avenida de Villalba, dende a rúa de Celso Emilio Ferreiro ata as aldeas de Pontoibo.
– A “rúa da Costa”, é a que está proxectada dende os Chaos a Tras do Rego, pasando pola aldea da Costa.
– Continuamos falando da “rúa dos Chaos”, é a nova rúa que dende a Ponte dos Chaos, a ponte pequena feita alí frente ós Chaos, sigue ata este lugar, desembocando na rúa da Cuiña. Como que nesa aldea dos Chaos hai máis viviendas polo outro lado da rúa da Cuiña, incluso no vial aberto, debería chmarse este tramo “Chaos de Arriba”.
– A “rúa do Campo da Feira”, é a que sale da Avenida de Ferrol pola finca número 19 dende a nova plaza ou glorieta do Rego do Campo. Eleximos este nome en memoria do antigo Campo da Feira que en anos atrás abarcaba dende o Colexio Santa María e da Avenida da Coruña ata a Capilla do Carme. Nese espacio de terreo facíase a feira, por eso lle vamos a chamar rúa do Campo da Feira.
– “Rúa da Saúde”, é a ronda que vai dende a “rúa da Rectoral” ó taller SEAT, atravesando a “rúa de Orense”, con motivo de que se encontra alí o novo consultorio médico ou centro de Saúde.
– A “Praza e a rúa do Coireiro”, é o paseo que partindo da finca número 25 da Avenida de Villalba e seguindo cunha plazoleta sae á rúa da Capela. Suxerimos leve o nombre de “O Coireiro” para perpetuar o nombre primitivo da zona circundante ó edificio número dous da calle de Cabañas, que en tempos antergos foi almacén de cueros de animales, non existindo entonces ningunha vivienda no seu entorno, ese paraxe veuse chamando sempre con nombre de “O Corireiro”.
– A “rúa do Meidelo”, titulamos así á rúa recente que dende a Avenida das Campeiras, xunta ó Bar Ortegal, entronca ca rúa de Celso Emilio Ferreiro, e dámoslle ese nome con motivo de que os seus moradores son pertencentes, son oriundos do expropiado lugar do Meidelo na parroquia de A Vilavella.

Persoas ilustres ou benefactoras do pobo, lembrar que esta denominación a fixo unha comisión municipal na que eu tamén participei. Son tres as rúas das que trataremos hoxe:
– A “rúa de Jesús María Bouza Vello”, “rúa de Juan José María Penabad López” e “rúa de Rita Rivera Chao”.
Principiamos por a “rúa de Jesús María Bouza Vello”. Dedícaselle esta rúa que partindo da Avenida de Villalba a altura da Residencia de Endesa, termina na rúa de Álvaro Cunqueiro. Jesús María Bouza Vello, natural do Chamoselo en As Pontes, presidente do Centro Galego na Habana, creou en 1912, no Centro Galego a sección chamada de “Los Hijos de Puentes de García Rodríguez”, que tantos beneficios proporcionou ó noso pobo e comarca, construción e mantenemento de escuelas, axudas familiares, o novo cementerio, etc. Unha entidade benéfica e recreativa da que el foi entusiasta promotor e alentador.
– A “rúa de José María Penabad López”, é a que conduce desde a rúa do Monte Caxado ó Instituto, José María Penabad López naceu en As Pontes no ano 1928 na casa número 43 da actual rúa de Galicia, donde había un establecemento chamado Bar de Andrea, nome da súa avoa materna. Os avós paternos eran oriundos de Somede, e a avoa materna era de Roupar, os pais eran ponteses José María Penabad Dopico e Manuela López Vérez.
Cursou os estudios no Colexio dos Pais Maristas de A Coruña, donde conquireu a especialidade de periodismo. Empezou exercendo de corresponsal no diario “La Voz de Galicia”, pero enseguida se desplazou a América, donde se atopaban emigrados os seus padriños, que eran Lino Dopico e a súa dona. Alá no departamento de prensa de Nicaragua designárono responsable dunha axencia internacional de noticias e con ese motivo viaxou por grande parte do mundo. En 1954 o Ministerio de Comunicacións de Costa Rica, nombrouno director xeral de periodismo nese país, de Csta Rica, donde reside actualmente e donde chegou a ser propietario do principal diario costarricense. Sigue tendo afecto a este pobo seu e tratándose cos parentes e conocidos.
E xa por último, falamos da “rúa de Rita Rivera Chao”, é a rúa paralela, intermedia, entre a rúa de Ourense e a do Monte Caxado, e que desemboca na Avenida de Ortigueira frente ó Cementerio. Dedícaselle esta rúa en consideración a que donou en 1924 o terreo pa construir o actual cementerio municipal solucionando entonces, desta maneira, á parroquia, un importante problema ó estar totalmente saturado o cementerio primitivo detrás da iglesia parroquial. Doña rita Rivera falleceu viuda e sin descendencia. Era filla de Francisco Rivera e Antonia Chao, e naceu na casa número 21 da actual rúa de Alexandre Bóveda, e que entonces era a única vivenda existente naquel paraxe que se denominaba o lugar do Campo.
(Outro día)
Hoxe falaremos da “Praza de Carlos Fornos”, da “rúa do Marqués de Suances”, da “rúa de Sergio Rivera Chao”, “rúa de Frai Antonio José Prieto”, e xa por último do “parque de Lesneven”.
A “Praza de Carlos Fornos”, é o lugar onde se xuntan as rúas novas en “O Rego do Campo”, entre as rúas de Ferrol e a rúa María Pita. Dada a forma especial que presenta, pódese chamar, máis que plaza, unha glorieta. Dedícaselle a este señor por haber sido un leal benefactor do pobo, mostrando gran cariño polo pobo durante o tempo do seu mandato ó frente da Empresa. Don Carlos Fornos foi recentemente delegado de Endesa. Entre os xefes que a presidiron destacou pola súa sencillez e cortesía, así como sendo solícito en atender ós traballadores, e afanoso en apoiar os intereses e as melloras do noso pobo. Preocupado polo medio ambente, foi o impulsor dos xardíns que rodean a Central e do aumento das estacións de control de contaminación, control das augas, etc. Foi un dos iniciadores dos traballos de investigación arqueológica na Empresa.
Mesmo así foi animador da colaboración de Endesa co Axuntamento en prol do desenrolo de As Pontes. Entusiasta polos deportes, etc. Lamentablemente unha morte prematura en Outono de 1990 truncou a súa valiosa labor.
A “rúa do Marqués de Suances”, é a vía de tránsito dende a plaza de Carlos Fornos ata a rúa de Rita Rivera Chao, pasando por detrás do consultorio médico. Don Juan Antonio María de Suances y Fernández é merecedor da dedicación dunha calle. Viveu a súa niñez en As Pontes na casa número 21 da actual Avenida de Galicia, donde por motivos de salud se había retirado o seu pai que era un militar xubilado, e nesa casa falleceu. Don Juan Antonio despois chegou a ser Ministro de Industria no Gobierno de Franco e conservou cariño a este pobo da súa infancia.
Demostrouno na década dos anos 50 cando as autoridades de Ferrol tiñan conseguido instalar en Sillobre a nosa fábrica de abonos nitrogenados, a donde sería trasladado o noso carbón. Entón, sendo presidente do INI, ordenou que a fábrica fora erixida en As Pontes, dando movemento e auxe ó noso pobo. Iso significou o comenzo do advenimento de Endesa, de que Endesa decidira establecerse aquí. As Pontes débelle, por tanto, o seu primer engrandecemento, base do engrandecemento actual.
“Rúa de Sergio Rivera Chao”, foi un bienhec hor do pobo, donante do Campo da Feira, donde, ata hai poucos anos se realizou a feira de As Pontes, que alcanzaba dende a Avenida da Coruña, ata a Capela do Carme. Este señor era irmán de Rita Rivera Chao, á que se lle dedicou outra rúa por haber donado o terreo do cementerio. Foi home bienchechor do pobo. Era terrateniente. Deu moitos xornales, e deu vida ós, entonces, habitantes de aquí que vivían pobremente.
“Rúa de Sergio Rivera Chao”, foi un bienhechor do pobo, donante do Campo da Feira, donde, ata hai poucos anos se realizou a feira de As Pontes, que alcanzaba dende a Avenida da Coruña, ata a Capela do Carme. Este señor era irmán de Rita Rivera Chao, á que se lle dedicou outra rúa por haber donado o terreo do cementerio. Foi home bienchechor do pobo. Era terrateniente. Deu moitos xornales, e deu vida ós, entonces, habitantes de aquí que vivían pobremente.
“Rúa de Frai Antonio José Prieto”, é a que conduce dende a Avenida da Habana á rúa de Álvaro Cunqueiro, contigua ó grupo escolar da Fraga. Este señor é antepasado da familia Prieto Mosteiro. Naceu no casco antergo da Vila, e estudiou e ingresou na orde dos franciscanos, no 1750 emigrou a Perú, e asentado no colexio franciscano de Ocopa realizou a súa labor misioneira no corazón das serras entre Perú e o Ecuador, evangelizando as tribus denominadas dos Gíbaros. Este relato está contido na obra “Los gallegos y el nuevo mundo en la época Virreinal”, patrocinada polo Banco Pastor, e publicada no 1983, polo grupo Nono Art. Estos datos fidedignos, recollidos no Archivo de Indias de Sevilla, viñeron a aclarar a tradición oral de As Pontes, que contaba a existencia dun misioneiro nativo de aquí, aínda que non se recordaban máis pormenores sobre él. Consultado o parecer dun misioneiro actual de Perú, emparentado coa familia Amarelo de Cabreiros, a labor de Frai Antonio José Prieto tuvo que ser durísima, porque todavía hoxe esa rexión é selva inhóspita e para entrar nela hai dificultades de tipo xeográfico e humán. Dedícaselle esta calle, aparte de merecelo os seus traballos en prol de aqueles indígenas, por estar ubicada en terras que foron propiedade da súa familia, a zona de o muíño novo da casa Prieto.
O “parque de Lesneven”, é o situado entre a rúa de Sergio Rivera Chao e a Glorieta de Carlos Fornos, e o Canal Catro. Dedícase a esta vila francesa, polo hermanamento e intercambio cultural que vén facéndose entre esta vila francesa e As Pontes dende o ano 1991.
Texto e fotografías aportados por D. Xose María López Ferro, director do Museo Etnográfico Monte Caxado de As Pontes coa aprobación de D. Javier Martínez Prieto, sacerdote actual da UPA de Ortigueira a quen agradecemos o seu traballo e colaboración.