XAQUIN DAS HERBAS

O artigo de hoxe fala de un home que eu coñecín na miña nenez e que lembro que ás veces paraba na miña casa para pedir (sen pedir) algo de xantar. Chegaba, non entraba nin chamaba. Había un pequeno “porche” que aínda conservan algunhas casas do Poboado, e alí tíñamos un pequeno banco. Nel sentábase, agardaba a que miña nai saíse e entón, miña nai, volvía a entrar na casa e sacáballe un prato do xantar que estivera a facer, un anaco de pan e un vaso de viño. El xantaba, sen falar nada, remataba, daba as grazas e íase.


A min dábame moito que ver a súa vestimenta, o seu gorro… e a súa persoa. Un home misterioso e máximo aos ollos dun neno.


Viñan moitos pobres pola porta pedindo, eran anos de pouco que comer para moita xente, mais ningún como “Xoquín das Herbas”.


Como o artigo anterior, está recollido por D. Xabier Martínez, tal e coma falaba D. Enrique, por iso o galego non é normativo e hai castelanismos polo medio.


E aclarar tamén que D. Enrique sitúa a data de falecemento de Xoquín das Herbas no ano 1958, e a lápida pon 29 de febreiro de 1960.


E, por último, dicir que outra das versións que circulan arredor deste personaxe é que era un brigadista italiano (das Brigadas Internacionais) e que tiña algo que ver coa Fundación Xoaquín Hervé. Mais todo está moi revolto a carón da súa orixe.

XOQUÍN DAS HERBAS

Imaxes de Xaquin das Herbas



Saúdos, a tódolos ointes de Radio Eume, un día máis está con todos vostedes un servidor, para falarlles desta vez dun personaxe moi coñecido polos arredores, e no mesmo As Pontes. Estoume a referir á figura de Xoquín das Herbas. Este home destacou pola súa personalidade estraña, un home misterioso, que se cree era un escapado da guerra. Foi unha persoa rara, case mítica, que resideu na comarca nosa dende a Guerra Civil ata o ano 1958 en que faleceu. Debido ó seu carácter cerrado non se puido coñecer a súa procedencia. Non era falangueiro. Non quería ser coñecido. Viveu ata o ano 1950 na Fraga do Eume, na Capela. Comía herbas e frutos silvestres que había na Fraga. De aí lle veu o mote de “Xoquín das Herbas”. Despois, ó sentirse xa vello e desfalecido, polo ano 1950, achegouse á vila de As Pontes, e merodeou na bisbarra, sempre ó descampado, nunca quixo ser acollido nas casas. Achegábase ás casas, poñíase xunto á porta, non pedía. Recollía un bocadillo ou o que lle daban. Tiña un espírito guerreiro, tanto no atuendo, na vestimenta que levaba, coma nos seus modales. El preparaba con cordóns as polainas nas pernas, preparaba unha gorra de visera a estilo militar. levaba tamén un morral ó lombo, e á maneira dun rifle, tamén un pau ó lombo. Por eso se supón que tiña que ser un escapado da guerra, o sea, do bando republicán, que ó perder a guerra a República, sinteuse perseguido i emboscouse na Capela e despois viveu aquí nas Pontes. I eso tamén se comproba na súa mirada que tiña, sempre de desconfianza. En As Pontes xurdeu a idea de que sería pontevedrés, pola destreza i especialidad que amostrou tallando pedra. Como os ollos saben, os canteiros de Pontevedra, os que son artesáns, na talla, no polimento da pedra de granito. En unha ocasión, en plan de broma, uns canteiros que estaban aquí reparando un edificio, mandáronlle que preparara un sillar de granito. En poucos minutos o preparou de maneira perfecta. Por eso que se supoñía que sería nativo de Pontevedra,. gozou de estima pero nunca aceptou residir nin ser acollido en ningunha vivenda. Finalemente apareceu morto na granxa de Eulogio Rivera, no Chamoselo, xa abandoada a Granxa, e donde percorría a dormir habitualmente.

Texto e fotografías aportados por D. Xose María López Ferro, director do Museo Etnográfico Monte Caxado de As Pontes coa aprobación de D. Javier Martínez Prieto, sacerdote actual da UPA de Ortigueira a quen agradecemos o seu traballo e colaboración.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s