TORIBIO MAMED CASANOVA

No artigo anterior, D. Enrique falaba dun persoeiro moi coñecido no noso pobo, Xoquín das Herbas; neste de hoxe, fálanos doutro tamén moi sonado no seu tempo, Toribio Mamed Casanova, alias “Toribio”. Bandoleiro que tivo a súa zona de actuación por unha boa parte de noso concello, o de Mañón e o de Ortigueira.


Este personaxe de lenda, foi un dos escollidos para “As Pontes en pezas” e ten o seu mural na praza da Capela do Carme, onde se pode ver acompañado dunha pega, animal que dis que o avisaba da chegada da Garda Civil ou doutros perigos.


Esta obra foi realizada polo artista Nove Noel (Rianxo) entre os meses de agosto e setembro do ano 2020 nun lateral do grupo de vivendas Calvo Sotelo.

Como os anteriores tamén está recollido por D. Xabier Martínez e tamén recollido no galego que falaba D. Enrique, polo tanto non normativo.


TORIBIO MAMED CASANOVA

Mural de Toribio enfrente a la Capilla del Carmen



Voulles contar quen era Toribio Mamed Casanova, coñecido bandoleiro, que actuou entre os montes que están entre As Pontes e Ortigueira. A finais do século pasado e comezos do presente, tivo en medio de pánico á nosa comarca Toribio Mamed Casanova, de quen escribeu longamente o escritor don Ramón del Valle Inclán. Nesas datas sonaban en España dous bandoleros famosos. No norte Mamed Casanova, e no Sur (en Andalucía) Diego Corrientes. Mamed Casanova naceu na parroquia de As Grañas do Sor.

No seno dunha familia pobre, e foi un ladronzuelo desde pequeno. Era un diestro tirador, tíñalle medo á Garda Civil, pedía comida ou unha limosna sen agresividade., pero ó facelo co rifle na man tiña amedrentada a toda a comarca. Moveuse na zona entre As Pontes e Ortigueira. A súa captura ocurreu no ano 1902 con unha emboscada que lle preparou o entón Cura do Freixo, don Basilio Poupariña. Este cura tuvo preparado na casa dous guardas civiles escondidos nun local, o lado do pasillo que tiña na entrada da casa, no patio de abaixo, e máis dous paisanos. Saleu a moverse por alí, coñecendo que estaba movéndose por alí Mamed Casanova. Toribio pideulle unha limosna, el díxolle que lle daba a merenda, que viñera merendar á casa rectoral.

El sospechou xa a emboscada, pero ó final, titubeando, accedeu vir comer á casa rectoral. O cura tíñalles posto como contraseña ós guardias, e ós dous paisanos que tiña para apresalo que daría un zapatazo, ou un taconazo no chan. E díxolle a Toribio que comera, que el que tiña frío ós pés, que se ía a mover un pouco. Deu o tocanazo no chan, e abalanzáronse encima del os dous guardias e os dous paisanos.

Entablouse unha pelea descomunal na que o mismo Toribio fireu un guardia. E un gurardia disparoulle causándolle ferida grave. Entón Toribio deuse por vencido, e el mismo pideu confesarse co cura, a pesar de que lle fixera esta faena. Esto quere dicir que Toribio, a pesar de ser un bandoleiro, era un home crente.


A xusticia tiña prometida unha recompensa a quen lle fixera a capatura, e ó ser o cura, entón a reina de España María Cristina de Ausburgo, viuva de Alfonso XIII, premiou a este señor cura, facéndoo capellán da Casa Real. Despois de facerlle as curas, el non morreu no momento, foi de presidiario a Ceuta, donde botou moitos anos, e ó final, cando ía vello, xa deixárono libre, e volveu por aquí, dice a xente que viña en plan de mendigo, xa vello e achacoso.

Texto e fotografías aportados por D. Xose María López Ferro, director do Museo Etnográfico Monte Caxado de As Pontes coa aprobación de D. Javier Martínez Prieto, sacerdote actual da UPA de Ortigueira a quen agradecemos o seu traballo e colaboración.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s