GUERRILLEIROS NA COMARCA DE AS PONTES DESPOIS DA GUERRA CIVIL: BANDAS DE NEIRA E DE VILARIÑO

Seguimos hoxe falando dos guerrilleiros, neste caso dos escapados. No artigo de hoxe, D. Enrique, fálanos de dúas bandas, a de Neira e a de Vilariño.


Despois da Guerra Civil, moita xente do bando republicano fuxiu botándose ao monte e non quixeron entregarse por medo as represalias, por outra banda aínda tiñan a esperanza de que houbera un cambio no goberno. Por case toda Galicia e outras comunidades houbo escapados, uns máis sonados ca outros e uns máis sonoros (activos) ca outros. Tamén os houbo que lograron fuxir ao estranxeiro, dado que vían que a posibilidade dun cambio de goberno, cada vez, era menos posible.


Como os anteriores, este artigo tamén está recollido por D. Xabier Martínez no galego de D. Enrique.

GUERRILLEIROS NA COMARCA DE AS PONTES DESPOIS DA GUERRA CIVIL: BANDAS DE NEIRA E DE VILARIÑO

Banda de Neira

José Neira Fernández (En la foto, el primero a la izquierda)

Estas bandas de guerrilleiros, que aquí, vulgarmente chamábanse os “escapados”, foron militantes republicanos, que tiveran que fuxir ó perder a Guerra Civil, pero tiñan como obxectivos prolongar esa guerra civil, aínda cando Franco a deu por terminada o 1 de Abril do 39. Prolongala en espera de que o bloqueo internacional fixera caer ó Réxime de Franco, e entón eles aparecerían como continuadores da República. Dedicáronse a facer venganzas a quenes habían perseguido ós do seu partido republicano, ós que foran chivatos. Houbera algunhas mortes con este motivo. E desistiron no ano 1952 cando o presidente dos Estados Unidos, Eisenhower firmou un tratado de axuda, de paz con general Franco, e cando Franco, sin consultar co pobo nin dalo a conocer lle permiteu poñer as bases. En vista de eso, de que tiñan a causa perdida, desistiron de seguir loitando.


A banda de Neira, tuvo como lugares de operacións as montañas entre As Pontes, Ortigueira e Viveiro. Esixían comida e cartos nas casas que eles sabían que eran podientes.

Foran célebres o roubo na casa de Pardo da Rega no Freixo, e aquí ó lado das Pontes, o roubo na Riveira Nova. Un dos que se salvaron da mau deles de puro milagro foi o cura do Freixo, por haber sido chivato de militantes que tiña entre os seus feligreses, de que eran comunistas. Esta banda dispersouse ó final, sin ser capturados no seu conxunto. Soamente algún morreu nos enfrentamentos coa garda civil.

Banda de Vilariño

As motivacións desta banda de Vilariño, eran igual que as outras bandas, de Neira, e outras moitas máis que houbo no país. É dicir, prolongar a guerra civil, en espera de que caese o régimen de Franco co bloqueo, e impoñerse outra vez o sistema de izquierdas.


Os lugares de operacións desta banda foron na Capela e en Xestoso. O sea, no espacio entre As Pontes e Puentedeume. Tiñan unha cueva moi ben preparada e disimulada, onde está a presa do Eume, na Capela. Unha cueva incluso confortable disimulada, a porta estaba recuberta con ramas de árboles, de maneira que, calquera que pasase por diante dela non se daba conta de que había dentro unha banda. Tiñan incluso unha emisora, que para falar cos colegas de outros sitios elevábanlle a antena mediante un globo, e logo recollíanlle a antena.


Sobre o ano 1950 estaban xa perseguidos habitualmente pola Garda Civil e foron acorralados nesa cueva. Tiveron un grande enfrentamento ca Garda Civil, que en enorme número cercaron o lugar donde se refuxiaron. Eles metéronse na parroquia de Monfero, xunto ó río Eume nunha casa. Non se restaurou esa casa, aínda hoxe se notan os tabiques acribillados polas balas.


Despois de moitas horas de tiroteo pararon de disparar, pero a Garda Civil non se decidía a entrar. Estaba, naquel momento a mai dun dos guerrilleiros que era de Goente, e mandáronlle que entrara na casa a ver se convencía ó fillo e ós compañeiros de que se rendiran, pero ó entrar atopounos a todos mortos por suicidio ó verse vencidos e sin defensa posible coas súas mesmas armas puxeron fin á súa vida.

Texto e fotografías aportados por D. Xose María López Ferro, director do Museo Etnográfico Monte Caxado de As Pontes coa aprobación de D. Javier Martínez Prieto, sacerdote actual da UPA de Ortigueira a quen agradecemos o seu traballo e colaboración.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s