FILLOS ILUSTRES DE AS PONTES

Recollermos hoxe outro artigo de D. Enrique e que foi publicado por D. Xabier Martínez o 8 de xaneiro de 2007. Fala de “Os fillos ilustres de As Pontes”, isto é xente nada en As Pontes e que destacou, a maioría fóra do pobo e aínda do país, dalgún xeito.


Coma os anteriores tamén está nun galego non normativo e con moitos castelanismos, isto é, tal e como falaba D. Enrique.

FILLOS ILUSTRES DE AS PONTES

Antonio Ferreiro Blanco, antepasado da familia Bahamonde Ferreiro, que foi maxistrado da Audiencia da Coruña.


Jesús María Bouza Bello, director do Centro Galego de Cuba. Durante o seu mandato en 1912 foi creada a sección “Sociedad de los Naturales de Puentes de García Rodríguez” que con gran entusiasmo levaron a cabo numerosos beneficios neste pobo e a súa comarca, construción de escolas, mellora de vivendas, etc.


José María Penabad López, que aínda vive, é director propietario dos dous principales diarios de Costa Rica, e director e periodista de Costa Rica. Escribe co seudónimo de “Zoquiñas”.

Imagen de José María Penabad


Antonio Formoso Permuy, merecedor en Méjico do título de ingeniero químico e director técnica de procedementos industriais, autor da obra “procedimientos industriales”, distribuído por todo Iberoamérica. Este autor era nativo de Ribadeume.

Ejemplar de un libro de Antonio Formoso


Sergio Rivera Chao, a principios do noso século foi propietario da maior parte do val de As Pontes e do pobo, porque llo comprou ó sucesor da extinguida casa de Lemos, o señor Cora de Lugo. Asimismo foi propietario das minas de ferro de Villaodriz, na provincia de Lugo, proporcionando en ambos sitios postos de traballo. Representaba naqueles tempos a primeira firma financieira de Galicia. Todavía lle vive un fillo que se chama José Rivella Illade “o mudo”.


Juan Antonio María de Suances y Fernández, que foi Ministro de Industria e presidente do INI. Viveu toda a súa infancia en As Pontes, onde se establecera o seu pai, un jefe militar anticipadamente jubilado, porque se atopaba enfermo de tuberculosis, e donde finalmente morreu. Estableceuse en As Pontes por prescripción médica para que recibira aires puros do campo, especialmente do pino. Por eso tamén o vamos chamar fillo de As Pontes, efectivamente demostrouno, apoiando a ubicación da fábrica de abonos nitrogenados no noso pobo, que foi inaugurada no ano 1959, en contra da pretensión das forzas vivas de Ferrol que desexaban situala na súa zona.

Imagen de Juan Antonio de Suances


Frai Antonio José Preito, antepasado dos Prieto de As Pontes, que foi misionero en Hispanoamérica, a mediados do século XVIII, que fixo a súa labor nas montañas entre Ecuador e Perú.


E tamén ponteses destacados en negocios.

O propietario da principal fábrica de conservas de México, que se chamaba “Conservas La Fortuna”, na ciudad de Cortazar foi Secundino Bellas Rivera, nativo de As Pontes, que consigueu alí o título de bienhechor del pueblo, e atópase hoxe enterrado no interior da catedral mexicana.


A mellor floristería de Cuba, era propiedad da familia Ferreiro de Gondré.

A principal mueblería de Cuba era propiedad de Manuel Sánchez Fraga, da familia de Graciano Sánchez, de As Pontes.

Das mellores joyerías de Cuba, eran donos os irmaos Jesús, José María e Manuel Picos Fraga, todos ponteses.


José María Rivera Corral nacido no Chamoselo, aquí en As Pontes, foi o fundador e propietrio da prestixiosa fábrica de cervezas “La Estrella de Galicia”, cuia propiedade hoxe representan os seus familiares sucerores.


E Gaspar Rivera, irmán do anterior, foi dono dunha inmensa inmobiliaria en México.

Texto e fotografías ( obtidas de internet) aportados por D. Xose María López Ferro, director do Museo Etnográfico Monte Caxado de As Pontes coa aprobación de D. Javier Martínez Prieto, sacerdote actual da UPA de Ortigueira a quen agradecemos o seu traballo e colaboración.

2 comentarios en “FILLOS ILUSTRES DE AS PONTES

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s