AS “LENDAS” QUE NOS CONTOU DON ENRIQUE (I)

Outros dos artigos recollidos por D. Xabier Martínez, narrados por D. Enrique na Radio Local (Radio Eume) son os relativos ás lendas, polo que o artigo de hoxe leva por título: “As lendas que nos contou D. Enrique”.


D. Enrique foi, se cadra a nivel concello, o primeiro en recoller estas lendas locais que estaban a perderse. As lendas dan explicación a feitos naturais ou sobrenaturais, feitos históricos, orixe dun lugar…, transmitíndose de xeito oral de xeración en xeración e formando parte da nosa cultura popular.


Como son varias as que vai narrando, vounas presentar en tres artigos. E, como nos últimos artigos, seguen indo no galego que falaba D. Enrique que como xa dixen non é o normativo e ten castelanismos.


E falando de lendas, o próximo número (o 4) dos Cadernos do Museo Etnográfico “Monte Caxado” está dedicado ás lendas da nosa comarca e, como non, nel van as recollidas por D. Enrique. Será presentado ao longo deste ano (aínda non hai data concreta) e agardo que guste, porque vai ilustrado.


AS “LENDAS” QUE NOS CONTOU DON ENRIQUE (I)

O pasado venres, remataban as terceiras xornadas de Estudos Históricos de As Pontes coa conferencia de Luis Gómez Souto acerca dos relatos da tradición oral que xurdiron no entorno dos xacementos arqueolóxicos.
Contamos presentarvos esta semana en AMIGUS un resumen, que está en preparación, do que foi esa conferencia. Mentres, e en relación co tema pareceume interesante poñer ante vós varias das lendas que nos deixou recollidas e narradas don Enrique Rivera Rouco.


As primeiras foron contadas por don Enrique Rivera Rocuco na Radio Local de As Pontes (Espacio “Entre nós”) en Nadal do 94 e no ano 95 respectivamente. Fálannos dos restos megalíticos de Ribadeume e tamén sobre a Cruz das Cabezas.
Javier Martínez Prieto.



RESTOS MEGALÍTICOS – RIBADEUME


“Na parroquia de Ribadeume que está a cinco quilómetros de As Pontes, seguindo a carretera que vai por A Faeira hacia a presa do Eume e a Goente. Esta parroquia conserva restos protohistóricos e históricos de importancia. Da era protohistórica queda un castro no barrio do mesmo nome que está antes de chegar a Igrexa inda das Pontes e a orilla da carretera general, trátase dunha fortificación celta que leva este nombre e que data duns seiscentos anos antes de Cristo. A obra está mal conservada debido a que os paisanos realizaron ó largo dos séculos moitos traballos agrícolas sobre a misma, pode no obstante apreciarse os perfiles externos do muro que circundaba este refuxio, principalmente na súa parte norte en que se conserva a altura primitiva. Tamén para facer un chalet amputaron un trozo de este círculo. O recinto comprende unha vintedúas áreas circunscrito por un espeso muro de mampostería duns “dez metros de altura” e con vestixios duns ventanais tipo garita para os vixilantes da instalación. Eran, en efecto, estas obras, fuertes de defensa, donde se agrupaban os celtas, antepasados nosos, en tempo de guerra. O recinto é elíptico e no seu interior hai tamén vestixios de fosas, parapetos e pequenas vivendas, todo elo cuberto de estratos de terra. Mesmo así pola parte noroeste ingresaban camiños, chamados consgostras, estreitos e profundos que daban acceso ó fuerte. Os veciños ó practica-las labores agrícolas encontraron fragmentos e cerámica, que desgraciadamente non se conservaron.


En canto ós restos históricos merecen especial mención o cementerio paleocristiano que foi descuberto ó construír unha pista de acceso á actual iglesia parroquial e ó explanar o sitio onde se fai a festa diante da Igrexa. Nesas obras feitas hai uns cantos anos apareceron varias urnas de tipo “cista” de pequenas dimensións e construídas con pezas de pizarra. Algunhas destruíronse e outras quedaron ó descuberto baixo os estratos de terra a uns dous metros de profundidade do nivel que tiña antes a finca. Tamén apareceu un sarcófago, que hoxe se conserva xunto ó templo parroquial, dunha so peza de granito ca configuración do corpo humán perfectamente lograda.


No seu interior cabe unha persoa de 1,70 cm. de altura, non ten relieves nin inscripcións polo que poder ser ben celta, ou segundo a opinión de varios investigadores pode proceder da época das persecucións do século I ó IV, cando os cristiáns omitían toda inscripción que os puidera descobrir, a tapa non se conserva. O hallazgo de algunos máis na mesma zona e sempre ó lado dos santuarios e iglesias delata a existencia de comunidades primitivas de cristiáns de orixen remoto e que serían sin duda as células cristiáns que deron lugar ás parroquias….”

Imaxes do sarcófago de Ribadeume



A CRUZ DAS CABEZAS (Lugar da Cruz Vermella)


O nome procede do tempo da guerra carlista, na década de 1830-1840 en que dous bandoleiros carlistas foron decapitados en devandito lugar, xunto ó camiño de Rábade a Ferrol, e colgáronlles as cabezas nos brazos dunha cruz alí improvisada, para escarmento dos que formaban estas bandas a fin de que non entraran na vila de As Pontes.


Ó morrer o rei absolutista Fernando VII en 1833, disputaron a sucesión Carlos V de Portugal, irmán do rei, e Isabel, filla do rei defunto, que pasaría a ser a raíña Isabel II, que reinou de 1843 a 1868. Os seguidores de Carlos eran de liña absolutista, conservadora. Os seguidores de Isabel eran liberales. O humilde pobo galego, en xera, era indiferente, máis ben se inclinaba polo movemento político de Isabel. A Carlos preferíano os nobles, os fidalgos, a xente de carreira e os comerciantes. Os carlistas terminaron acorralados polas tropas do Xeneral Espartero, a pesares da forte resistencia que fixeron capitaneados polo xeneral Miguel Gómez, que acabou fuxindo a León. Entonces quedaron guerrilleiros e bandas paralelas que baixo a apariencia carlista eran gavillas e ladróns, ós que denominaban “latrofaciosos”. En As Pontes eran coñecidos polos “fouciosos”, segundo a tradución popular que recordan os maiores. O noso pobo foi liberal co influxo das propagandas da tertulia de Juana de Vega, da Coruña, e do Capitán de Ferrol, Enrique de Borbón, parente e pretendente de Isabel II, aparte do mal recordo que tiñan do absolutismo e das tropelías carlistas.


Conta a tradición de As Pontes que esos bandoleiros con disfraz de carlistas acechaban o noso pobo entrando polo Paraño e pola Mourela. Na vila e en aldeas circundantes organizáronse piquetes de defensa para facelos fuxir. Cansos de estas loitas, co fin de asustalos dunha vez, decapitaron dous e colgáranlles as cabezas nunha cruz cun letreiro que poñía carlistas. Parece ser que fora medida eficaz para que non volveran. Desde entón ese monte denominouse. sempre monte da “cruz das cabezas”.

Debuxo ilustrativo da escena da Cruz das Cabezas

Texto, fotografía e debuxo aportados por D. Xose María López Ferro, director do Museo Etnográfico Monte Caxado de As Pontes coa aprobación de D. Javier Martínez Prieto, sacerdote actual da UPA de Ortigueira a quen agradecemos o seu traballo e colaboración.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s