AS LENDAS QUE NOS CONTOU DON ENRIQUE (III)

Seguimos e rematamos coas lendas contadas por D. Enrique na radio local, Radio Eume, e recollidas por D. Xabier Martínez.


Con estas dúas remato tamén os artigos de D. Enrique que no seu día recollín no libro “DON ENRIQUE RIVERA ROUCO, A SÚA VIDA E A SÚA OBRA”. Agardar tan só que foran do voso agrado e grazas por telas lido.


Agradecer tamén a D. Xabier Martínez, unha vez máis, o seu traballo de recuperación da nosa historia pontesa e o seu grande traballo cando estivo destinado na nosa parroquia. Algúns botámolo en falla.

AS LENDAS QUE NOS CONTOU DON ENRIQUE (III)

LENDA DA CIDADE DE VALVERDE, AFUNDIDA NO VAL DE AS PONTES


Contaban os antepasados das nosas aldeas, e tamén o falaban noutros pobos de Galicia que en tempos moi antigos houbo no val de As Pontes unha cidade que lle chamaban Ciudad de Villaverde (outros din Valverde). Asentada na beira do lago de Carracedo, que collía a maior parte desta veiga. Parece ser que aqueles “vilegos”, se tiraron ó vicio e á perversión, e Deus castigounos afundindo de golpe toda a cidade, que se esfondou no limo do lago, e alí se afogaron todos os seus habitantes, menos unha rapaza, que saeu a nado berrando por Santa Eulalia e pedíndolle que a salvara. Era a única persoa honrada, que non se dera ó vicio, e efectivamente a santa oiu os seus clamores e salvouna.


Aquela doncela, santa e agradecida, levantou unha ermida onde as xeracións adoraron á milagrosa santa. Tamén se atoparon nas escavacións da mina a cimentación da cidade e hai a aldea de Carracedo, que leva o nome do lago. De feito, nas escavacións de carbón apareceron restos dun poboado celta, e en torno ás ruínas da Ermida de Santa Eulalia (alí situadas) aparecen tumbas paleocristiáns, e tamén unha ara romana.

LENDA DO RÍO EUME


Contaron desde sempre os vellos que cando Deus fixo os ríos, mandou nacer tres xuntos na Serra do Xistral. Aínda que naceron no mesmo sitio abocounos para distintas ladeiras e prometeulles que lle regalaría cada ano un home ó primeiro que chegara ó mar. Deulles categorías divinas e chamoulles: Eume, ó da ladeira de poñente que debía de fertilizar as terras de As Pontes; Landro ó da ladeira do norte que debía de fertilizar as carballeiras e facerlles dar landras; e Masma ó da ladeira do raiante, que debía fertilizar na súa chegada ó mar as mesmas marismas.


Recén nados acordaron descansar un pouco no camiño, condición que só cumpriu o Eume. Ó decatarse da traición dos compañeiros, envalou furioso a súa marcha pola Capela e Caaveiro e logrou chegar de primeiro. Por iso todos os anos se afoga unha persoa nel.

Publicado por D. Xabier Martínez, 27 de novembro de 2006, ás 09:00 AM.

Texto e fotografías aportados por D. Xose María López Ferro, director do Museo Etnográfico Monte Caxado de As Pontes coa aprobación de D. Javier Martínez Prieto, sacerdote actual da UPA de Ortigueira a quen agradecemos o seu traballo e colaboración.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s