PATRIMONIO PONTES IX

Un exemplar dos completos é o que imos ver hoxe. Trátase do cruceiro da Igrexa de Somede. É un cruceiro de Igrexa, dos que dan a benvida ou de boa acollida, e a maior parte del está labrado en pedra de toelo, polo que moi ben puido ser feito por canteiros de Moeche.

CRUCEIRO DE SOMEDE-IGREXA

Localización:
Atopamos este cruceiro no adro da Igrexa de Somede

Plataforma:
A plataforma é de pedra de ollo de sapo, moi abondosa na zoa.
Consta de dúas gradas, a inferior, é dicir, a primeira máis grande e é o dobre de grosa ca superior.
Esta plataforma está formada só por dúas gradas e é de tipo cuadrangular.

Pedestal:
É un pedestal de tipo cilíndrico e con chafrán na parte superior, é dicir, rematado a xeito troncocónico. Sinxelo todo el, é liso, nin figuras nin escritura algunha.
Está feito de pedra de granito e ten pouca altura.

Varal:
O varal ou fuste deste cruceiro e cilíndrico e liso, non habendo representacións ou figuras nel. Está logrado, todo el, en toelo. É máis ancho na base que na parte superior, isto é, vaise estreitando carra arriba.

Capitel:
Ao igual ca na maioría dos capiteis desta zoa, é este un capitel tipo xónico e composto polos elementos típicos: volutas angulares e querubíns ou anxos alados.
Máis a diferencia dos outros ten unha base circular pola que encaixa o varal, e tamén que é troncocónico invertido, xa que non ten arestas nas caras.
Ao igual co varal, o material do que está feito é toelo.
No referente ao tamaño pódese considerar coma un exemplar de capitel grande.

Cruz:
É unha cruz bastante grande, como xa dixen, aproximadamente coma a metade do varal.
Ten unha pequena base cuadrangular, abaixo, onde encadra no capitel; e o resto é, toda ela, cilíndrica e lisa (pois aínda que semella tronco de árbore, non é nodosa).
Os brazos transversais están cortados a xeito de bisel, paralelamente.
Leva, na parte superior do Cristo, o letreiro coas letras INRI. E no reverso, unha base cuadrangular, de tipo piramidal cuadrangular invertida (aínda cas arestas laterais non son rectas, senón curvas) sobre da que vai a imaxe da Virxe.
Esta parte do cruceiro tamén é de toelo.

Cruz anverso, o Cristo:
É un Crucificado grande e estilizado.
Unha das características que sobresae ao ollalo son as súas mans, pois ten os dedos dobrados como se a dor das feridas feitas polos cravos fixese pechar as mans.
Outra das características que destaca é o tamaño da cabeza en relación co resto do corpo, pois semella estar desproporcionada xa que é bastante grande. As costelas moi marcadas.
Leva pano de pureza atado cun cordón á dereita. Ten tres cravos, un en cada man e outro nos pés. O pé dereito cravado sobre do esquerdo.
Vai separado da cruz e coa testa con inclinación cara á dereita. Por riba dela vai o letreiro de INRI. Na testa leva unha coroa de espiñas.

Cruz reverso, a Virxe:
Representa esta imaxe da Virxe a unha Soidade, erguida e apoiada sobre dunha base piramidal cuadrangular invertida de arestas curvas.
Leva a testa e todo o corpo cuberto por un manto.
As mans tenas xuntas e dereitas, en actitude de rezo.

Texto e fotografía aportados por D. Xose María López Ferro, director do Museo Etnográfico Monte Caxado de As Pontes, a quen agradecemos o seu traballo e colaboración.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s