Unha vez máis seguimos cos cruceiros completos e, nesta ocasión, o facemos cun cruceiro relativamente novo, pois é deste milenio, concretamente do ano 2004. Falo do:
CRUCEIRO DE PONTOIBO-CAPELA DE SAN VICENTE
Localización:
Situado no adro da Capela de San Vicente, en Pontoibo, a carón do sarcófago antropomorfo do Santo, é un cruceiro de recente factura pois, segundo reza unha placa en aceiro inoxidable, foi erixido o día 8-1-2004. O traballo do mesmo semella un certo estilo bretón ou celta, principalmente no capitel e nas figuras da cruz. Está feito en pedra de gra. É un exemplar pequeno, é dicir, non moi alto por mor de ter só unha grada ou chanzo.
Plataforma:
Neste caso temos unha plataforma sinxela, pois está formada por unha soa grada ou chanzo.
Ten forma cuadrangular e, ao igual co resto do cruceiro, feita na pedra de gra. O feito de ter unha soa grada outórgalle ao cruceiro un aspecto de baixo, é dicir, é un cruceiro pequeno, pois todas as partes son de pequeno tamaño.
Pedestal:
Coma no caso da plataforma, temos un pedestal de pequena altura. Ten forma de paralelepípedo rectangular, con mediacana na parte superior do mesmo.
É liso, non se observan inscricións nin gravados nel.
Varal:
É un varal curto, rexio e forte para o tamaño que ten, xa que non é moi alto.
A sección do mesmo é cadrada con chafráns ben marcados, levando no inicio e no remate destes uns saíntes, como podemos ver na foto (algo pouco característico nos cruceiros desta zoa, mais ao ser de nova factura os modelos de construción non son os que había noutrora).
Na parte inferior sen chafráns é bastante alta. A superior é máis curta.
É un varal liso, sen relevos nin inscricións.
Capitel:
O capitel, coma o resto do cruceiro, é modernista na súa realización non no contido. Neste adáptase aos pautas, é dicir, leva volutas angulares e cabezas de anxos con algo por baixo que semellan ás (por iso digo que a realización é modernista, pois cabezas, ás e volutas non seguen os modelos tradicionais).
Cruz:
Trátase dunha cruz pequena, de brazos curtos e de remate frorenzado con botón central. De sección cadrada e non moi grosa.
Cruz anverso, o Cristo:
Neste caso é unha figura pequena a que nos atopamos e tamén de tipo modernista, non semella nada do visto ata o de agora. As faccións da cara están pouco traballadas, destaca a barba e os ollos, redondos e saltóns. Leva coroa de espiñas e con carteleira enriba, aínda cas letras (INRI) non se aprecian. A testa, moi lixeiramente inclinada cara adiante.
Os brazos son curtos. Leva as mans abertas cun cravo en cada unha delas, e outro nos pés. Ao revés da maioría, a perna esquerda apoia sobre a dereita, cun outro cravo nos pés. Leva pano de pureza moi esaxerado, con pregues moi grosos. As costelas están moi marcadas.
Cruz reverso, a Virxe:
A Virxe, coma o resto do cruceiro, tamén é de feitura modernista, sen adaptarse aos modelos de construción típicos.
Semella ser unha Virxe do Carme, con Neno no colo. Leva o corpo cuberto por un pano moi esaxerado que lle tapa dende a testa ata os pés. Apoia directamente no capitel.
A figura do Neno está pouco máis que marcada, sen traballar, o mesmo cas mans da Virxe. As faccións da cara, tamén están pouco traballadas na imaxe de María.

Texto e fotografía aportados por D. Xose María López Ferro, director do Museo Etnográfico Monte Caxado de As Pontes, a quen agradecemos o seu traballo e colaboración.