Entradas recientes

PATRIMONIO PONTÉS XXVI

Seguindo na parroquia do Aparral temos outro exemplar de cruceiro incompleto e que en realidade é unha cruz alta, como outras moitas que hai ao longo do noso concello pontés. Tamén reciben o nome de Cristos, neste caso é o Cristo do Aparral. CRUCEIRO DO APARRAL-PISTA CARA O APARRAL Localización: Na entrada da pista que […]

PATRIMONIO PONTÉS XXV

Seguindo na parroquia do Aparral, imos ver outro exemplar de cruceiro incompleto, neste casa, incompletísimo, pois é un aproveitamento doutro cruceiro anterior ao que se lle colocou unha cruz nova enriba. (Na VII CITA COA HISTORIA) CRUCEIRO DO APARRAL-ENTRADA DA PISTA DA IGREXA Exemplar de cruceiro incompleto que é un apaño doutro existente anteriormente, pois […]

PATRIMONIO PONTÉS XXIV

Comezamos hoxe coa outra clase de cruceiros, os incompletos. Que clasifico así por faltarlle ou carecer algunha parte das xerais de todo cruceiro, isto é, gradas, pedestal, varal, capitel, cruz, cruz anverso O Cristo e cruz reverso A Virxe. Polo xeral, as partes que faltan son: ou ben as gradas, ou o capitel, ou as […]

PATRIMONIO PONTÉS XXIII

Co artigo de hoxe rematamos a nosa viaxe polos cruceiros completos (uns 20) do noso concello, aínda nos quedan os incompletos; o que quere dicir que temos unha boa concentración de cruceiros espallados polo noso territorio pontés. Uns máis coñecidos ca outros, mais todos cunhas características propias que os fan especiais. O exemplar de hoxe […]

PATRIMONIO PONTÉS XXII

Quixera agradecer a D. José Vega Pérez, o noso párroco, a oportunidade que me brindou no seu día de escribir nesta páxina, primeiro sobre D. Ernique Rivera Rouco e, logo, sobre o noso patrimonio pontés. Tamén darlle as grazas pola súa amizade, case dende a súa chegada ao noso pobo e, tamén, pola súa excelente […]

PATRIMONIO PONTÉS XXI

Imos con outro exemplar, este máis novo que os vistos ata o de agora, e seguimos sumando exemplos de cruceiros do noso concello pontés e aínda quedan os clasificados como incompletos. Hoxe toca falar do: CRUCEIRO DO APARRAL-IGREXA Na parroquia do Aparral atopámonos con varios cruceiros, o exemplar do que vou falar é un exemplar […]

PATRIMONIO PONTÉS XX

O exemplar de hoxe é un cruceiro, eu diría, pouco coñecido pola xente do noso concello, agás a da zona onde está enclavado. Falo do: CRUCEIRO DOS CAMELEIROS (SAN PEDRO DO EUME) Non é un exemplar moi alto, pero o conxunto é fermoso e máis no emprazamento no que está. Está feito dunha pedra de […]

PATRIMONIO PONTÉS XIX

Seguimos cos cruceiros de Espiñaredo, neste caso o situado ao pé do cemiterio novo. Pertence tamén ao grupo dos completos, xa que ten todas as partes características dun cruceiro. CRUCEIRO DE ESPIÑAREDO-CEMITERIO Atopámonos novamente con outro cruceiro feito en pedra de serpentina ou toelo (pedra de Moeche). Cruceiro que non se atopa no seu lugar […]

Cargando…

Algo ha ido mal. Por favor, recarga la página y/o inténtalo de nuevo.

Recibe nuevo contenido directamente en tu bandeja de entrada.