Queremos convidarte ao Café Concerto Solidario de Càritas As Pontes o vindeiro 7 de xuño às 18 h no Liceo.
Nesta ocasión solicitamos colaboración económica de 5 euros mercando unha entrada ou ben fila 0.
O recadado destinarase a soster económicamente os diferentes proxectos sociais que Càritas desenvolve co persoas en situación de vulnerabilidade social ou económica.
Graciñas pola túa colaboración e axuda na difusión.
Dende Cáritas da Unidade Pastoral das Pontes, queremos invitar a todas as persoas que o desexen a acudir os luns e mércores do mes de Maio de 10:15 a 12:15h as xornadas de portas abertas, e coñecer de primeira man os programas que desenvolvemos dende Cáritas.
Dende o grupo de Cáritas da Unidade Pastoral das Pontes, vimos desenvolvendo dende fai tempo diferentes obradoiros promocionais.
O máis antigo é o de alfabetización de persoas inmigrantes. Buscamos a formación e capacitación básica de mulleres inmigrantes, veciñas das Pontes, para mellorar o seu proceso de integración na nosa comunidade.
Ademáis, dende o ano pasado contamos cun obradoiros de costura, que tén como obxectivo non só aprender arreglos básicos de costura, senón tamén ser un espazo de diálogo, comunicación e encontro entre as persoas participantes.
Éstas tareas están siendo acompañadas dende os programas de territorio e familia de Cáritas Diocesana Mondoñedo – Ferrol.O esforzo das alumnas e das docentes é importante, a experiencia está a resultar moi gratificante.
O mercores 9 de decembro, Cáritas da Unidade Pastoral das Pontes deu comezo ao curso de habilidades informáticas básicas que se vai desenvolver durante 80 horas na aula CEMIT sita na Casa Dr. Dopeso das Pontes.
O alumnado participante no curso aprenderá ferramentas básicas no eido informático, fundamentais para o día a día nos tempos que corren, tales como uso de internet, xestións e trámites con administracións, uso de programas básicos, ferramentas para o acompañamento escolar virtual dos fillos e fillas, etc.
Dita formación, promovida por Cáritas UPA As Pontes e acompañada polas técnicos dos programas de familia e de territorio de Cáritas Diocesana Mondoñedo-Ferrol, busca completar o acompañamento ás persoas en situación de vulnerabilidade social; dende Cáritas, apoiamos na cobertura de necesidades básicas, pero tamén na formación, capacitación e promoción das persoas para que consigan unha mellor inclusión na sociedade actual.
Gracias a todas y todos los voluntarias/os de Cáritas de la Unidad Pastoral de As Pontes, por el día a día que se va convirtiendo en meses y años de compromiso convencido por los mas vulnerables.
Que Dios, os siga dando fuerza en vuestra entrega para vivir una caridad que haga justicia y verdad en nuestra sociedad.
¡Gracias por tender tu mano y enredarte! Evento de reconocimiento al Voluntariado de Cáritas Española, dinamizado por Enrique Marco y Migueli, con motivo del Día Internacional. ¡Os esperamos!https://youtu.be/TrdzITDvsqY