O pasado venres 17 de decembro tíñamos a Cruz de Lampedusa en As Pontes.
A Cruz de Lampedusa é unha peza de 2,80 metros de altura, 1,50 metros de ancho e 60 quilos, feita coa madeira dunha patera, unha barcaza de inmigrantes que naufragou en outubro de 2013, que deixou 366 mortos fronte á illa italiana.
O artífice deste cruceiro é o carpinteiro Francesco Tuccio, quen quixo lembrar o drama e honrar aos mortos recollendo táboas do naufraxio para crear esta cruz. En abril de 2014, a fundación italiana Casa do Espírito Santo e as Artes de Milán entregoulle ao Papa a cruz feita a partir das táboas de barcos náufragos. Bendiciuno e díxolles aos representantes da fundación que o levasen polo mundo.
Esta iniciativa busca transmitir unha mensaxe de “solidariedade e paz entre cidades, comunidades, parroquias e culturas”. Os organizadores queren que a cruz sexa unha especie de «correos espirituales» para que poida pasar de comunidade en comunidade, parando nas parroquias que o queiran acoller, para quedar permanentemente acollida tras o seu longo percorrido na Igrexa de San Esteban en Milán.. Esta cruz estivo exposta na Capela da Virxen do Carmen de As Pontes e o sabado por a tarde xa esta exposta en Vilalba.
A continuación reportaje de Mundito Carballo (Facebook) a quien le agradecemos su trabajo desinteresado y altruista.






























A continuación reportaje fotográfico realizado por Sandra de Vega y Javier Acosta













